... Contos de Estrelas e limóns
Tuesday, April 12, 2005
e xa está
Tomo o exemplo de Suellen e marcho a outra plataforma, creo que un pouco máis xeitosa. Agora podese entrar por aquí ou por eiquí, e a ver como vai a cousa. Polo de pronto dín xa uns brochazos, falta mudar a imaxe esa do partenón e falta integrar algunha que outra cousiña, pero creo que está quedando un pouco máis xeitoso ¿non sí?
Friday, April 08, 2005
outra mudanza
despois de máis dun ano en Blogger, coido que xa vai sendo hora de emanciparse... ¿non si? Visto que outr@s tamén mudan, non quero ser menos, e dado que estamos nunha etapa de cambio de cidade, de xente, de traballo e demáis, coido que non é unha mala data para escomezar un novo caderno. Iso si, non cambio nin de lingua, nin de tema, faltaría máis.
Thursday, March 31, 2005
cobardes
non teñen o que hai que ter nin para tocar a uns nin a outros. Menos mal que algúns choran coma outros... e quen sabe...
Monday, March 28, 2005
... eu non miro, únome
Despois de voltas e máis voltas, desfago as maletas nun sitio xa coñecido, tal vez aínda non sexa cátedro, pero únome ó capital humano formado en GZ que traballa fora, no meu caso xa teño destino e tamén tema. ¡¡e que vaia bem!!
Thursday, March 17, 2005
... Contos de Estrelas e lim�
Vía Mario: BookMeme 123.5 [1.- Estira o brazo e colle o libro mais cercano que atopes; 2.- abreo pola páxina 123; 3.- Busca a 5ª liña... e 4.-postea o que atopes, xunto con estas instruccións]
- cuando la edad, los achaques y la soledad les llevan a los márgenes de la vida
- los negros y menudos ojos vivarachos y tan gracioso todo él de cuerpo como un muñeco florentino
- and then you got away, didnt you babe?
Creo que non estaría mal enviar unha botella de caña a quen averigue algún dos tres libros. (Un galego, un francés e un ianqui).
Sunday, March 13, 2005
rumbeando
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Canta razón tiña o bó de Manu, a rumba de barcelona non é outra que ir rambla p'arriba e rambla p'abaixo. A cidade está fermosa, chove coma en Compostela, ós poucos, sen moitas ganas... e a combinación extraña de turistas e erasmus mollados, pero que sempre van en chanclas faga-o-tempo-que-faga fainos rir, aínda que non me atrevín a obter documentos gráficos do tema. Da visita relámpago fico, unha vez máis, coa longa ristra de asociacións que traballan dalgún xeito co tema das TIC (E que non coñecía aínda). O mellor dunha xornada un pouco técnica de máis a primeira vista, foi decatarme que non é tan fero o lobo como o pintan. Nuns días os textos das intervencións, pagan a pena.
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Rambla pa'qui Rambla pa'lla
Esa la Rumba de Barcelona
Tuesday, March 08, 2005
divorcios
Un sistema de desvínculos: para que los callados no se hagan preguntones, para que los opinados no se vuelvan opinadores. Para que no se junten los solos, ni se junte el alma con sus pedazos.
El sistema divorcia la emoción y el pensamiento como divorcia el sexo y el amor, la vida íntima y la vida pública, el pasado y el presente. Si el pasado no tiene nada que decir al presente, la historia puede quedarse dormida, sin molestar, en el ropero donde el sistema guarda sus viejos disfraces.
El sistema nos vacía la memoria, o nos llena la memoria de basura, y así nos enseña a repetir la historia en lugar de hacerla. Las tragedias se repiten como farsas, anunciaba la célebre profecía. Pero entre nosotros, es peor: las tragedias se repiten como tragedias.
Eduardo Galeano. El libro de los abrazos.
Monday, March 07, 2005
r9 e 'maia hi, maia ha..."
Xa falamos do rapaz con problemas que canta diante da súa webcam un jreit jit. Hoxe leo en IBLNews que o rapaz tomou mal o seu éxito e síntese humillado, sen saber sacar proveito desta situación. Esta historia lembrame demasiado á do rapaz do R9, so que este último soubo sacar partido a á situación. Eu, no caso de ser "o cantante", comezaría a sacar versións dalgunhas outras cancións e estou bem certo que algunhas compañías pagarían por poñelo nos anuncios... creo que sería un novo fenómeno social... aínda que este rapaz se esconde da prensa. meu probe.
Saturday, March 05, 2005
os xamóns e as conservas lévanse mal
Eu estaba mirando a serie cando entrou unha nova personaxe. Non adoito facelo, pero ese día, mentres cenaba mirei T5. Póñovos en contexto: se non recordo mal, na taberna precisan unha empregada que piden ó INEM, nos dous primeiros minutos dín que cheira a "pachuli", que non sabe tirar unha caña, que corta o xamón como un entrecot... e non sei cantas cousas máis. A min, a verdade, molestoume en parte porque estaba fora e porque vou estando un pouco cansado da suposta imaxe que demasiadas veces dan os medios... ¿reproducindo o imaxinario social? O certo é que nestes tres últimos anos andiven bastante cruzando a península e a miña impresión non foi esa, coido que no imaxinario social non está esa imaxe do galego. Sempre que digo de onde son a xente resposta con moito respeto e ata admiración, podería dicir... claro que non sei si é pola autoridade e rotundidade coa que resposto, ou porque a xente engana moi bem. Eu simplemente mudei o canal sen nengún disimulo e con malestar.
Hoxe, lendo por casualidade o xornal, miro que xa pediron desculpas. O certo é que no foro dos serrano montouse unha boa, falando aquí, aquí, aquí, aquí, e aquí, por poñer un pequeno exemplo. Esta pequena multitude intelixente xa conseguiu as desculpas da productora, un comunicado da CIG e algo de repercusión. Eu tiraría ata conseguir a demisión dalguén da productora, pero claro, eu soio non fajo moito bulto, pero cando menos tentareino :P
Actualización
Xa hai no foro dos serrano algunha proposta de actuación, e no foro de vieiros tamén se fala do tema...
Wednesday, March 02, 2005
... Contos de Estrelas e lim�
Creo que o invento do ano é este despertador que a máis dun que eu me sei lle faría moita ilusión. Chego a el via Baquia, unha das mellores newsletters que recuperei estes días de frío no centro e na periferia.
Tuesday, March 01, 2005
Multitudes online
Comezo pola parte "dura", ás máis de 300 páxinas do libro, dúranme dous días. Agora miro o DVD que acompaña o libro, con esa sensación de carraxe... esa de sempre. Vai camiño dun ano e ata o día de hoxe non mirei un material audiovisual como o este Libro/DVD, paga a pena emplear 18€uros, paga a pena lembrar, paga a pena escoitar. Podes ler o primeiro capítulo.
Saturday, February 19, 2005
O menhir de Currás

Topamos co polémico menhir de currás. O meus avós por parte de pai viven a 200m, o meu avó, parte de nai, vivía a 400. Contaba este último que toda a vida estivo ahí, sen que ninguén supese que é e sen que ninguén se metese con él. Agora, por precausión, movérono uns metriños para que non estivera en perigo pola nova superautoestrada-viarápida-docarallo. Se cadra teñen que mover tamén a nosa casa uns metriños para ó lado, porque non descartamos sorpresas como as do Carmel ese de BCN.
A Sociedade da Información: A retórica en acción - Armand Mattelart
Contrariamente ao que repiten ata a saciedade os profetas do ciberespazo, o enfrentamento contemporaneo ao redor do proxecto da chamada sociedade da información non se dá entre tecnófilos e tecnófobos, nen tampouco entre "globalófilos" e "globalofóbicos", senon entre quenes cren no milenarismo tecnoglobal e quenes loitan para lograr un control democrático do espazo informacional e comunicacional. Ubicar o reto ante as novas tecnoloxías dixitais baixo este ángulo do ensanchamento da democracia permite evitar o doble escollo á vez do anxelismo e da Apocalipse.
Conceptos interesados
Debo confesar que as apelacións de "Sociedade da Información" e "Sociedade do Coñecemento", que tenden cada vez máis a formar parte dun certo sentido común, están lonxe de ser inocentes. De feito, a expresión "Sociedade da Información" é o resultado dunha historia marcada por numerosas controversias. É precisamente o que tratei de demostrar ao trazar a sua xenealoxía en Historia da Sociedade da Información publicada en 2002 (Barcelona, Paidos).
A idea de sociedade rexida pola información, polo "dado", está anclada no proxecto da modernidade occidental. É moi anterior entón á invasión da linguaxe informática e da noción contemporanea de "información". No transcurso do século XVII e XVIII entronízase á matemática como arquetipo da razón, como modelo de razoamento e de acción útil. Tempos onde reaviva o grial dunha "linguaxe universal", da "Biblioteca de Babel", un tema recorrente na obra de Jorge Luis Borges.
A idea desplegase co proceso de industrialización e confúndese cos avances do pensamento cifrábel e medíbel como norma de perfectibilidade da sociedade, como parámetros do universalismo. Confúndese tamén coa evolución das doutrinas da organización e reorganización da sociedade. Nada extrano entón atopar ao fundador da economía política clásica, Adam Smith, ao filósofo do "industrialismo", Claude-Henri de Saint-Simon, ao inventor da primeira doutrina da organización científica da división do traballo, Frederick Winslow Taylor, nos precursores do proxecto tecnográfico dunha "sociedade funcional", unha sociedade xerenciada por virtude do saber positivo.
A noción mesma de Sociedade da Información xéstase a partir do fin da segunda guerra mundial. Unha serie de neoloxismos encárgase de anunciar a promesa dunha nova sociedade: manaxerial, poscapitalista, poshistórica, posindustrial, tecnotrónica, etc. Todos preparan o advimento da "Sociedade da Información" que se institucionaliza definitivamente a partir dos anos setenta. A esperanza que, ao saír do conflicto, o inventor da cibernética, Norbert Wiener, pon no potencial emancipador das tecnoloxias da intelixencia artificial ("Facer que nunca máis volte a repetirse a barbarie de Bergen-Belsen e Hiroshima") vese truncada polos enfrentamentos da guerra fria e as primeiras aplicacións destas invencións ás redes de protección do espazo aéreo.
O proxecto dunha "nova sociedade", configurada polas novas máquinas de información, tórnase parte integrante das tensións entre os duas sistemas de valores. Dende a metade dos anos cincuenta o auxe destes neoloxismos na ciencia política estadounidense vai parella coas tese dos "fins" ou "lusco-fuscos": da idade da ideoloxía, política, das clases e das suas loitas, dos intelectuais protestatarios e, por ende, do "compromiso", en proveito do auxe dun intelectual volcado cara a toma de decisión. Na nova sociedade prometida, o pensamento manaxerial, o positivismo xerencial, substituirá ao político. Nos anos setenta, co perfeccioamento dos "métodos obxectivos" para explorar o futuro, comezaron a multiplicarse os best- sellers de anticipación da sociedade tecno-informacional, sinónima de pleno emprego, de fin do Estado-nación, de democracia interactiva. Na sociedade dos futurólogos, a fractura xa non se daría entre ricos e pobres, entre comunismo e socialismo, se non entre Antigos e Modernos (segundo os mitos cuñados por Alvin Toffler). A partir dos anos setenta, a noción de Sociedade Informativa sairá dos think tanks e dos medios académicos para convertirse en principio operacional en mans dos gobernos dos grandes paises industriais.
O termo "Sociedade do Coñecemento", de aparición máis recente, que ambiciona colmar as carencias e as ambigüidades da noción de "Sociedade da Información", é tamén problemático. O uso da noción xenérica de "coñecemento" é tan proteiforme como o recurso á de información. Esta semántica ten o defecto de esquivar a cuestión da pluralidade dos saberes e dos seus protagonistas: os saberes fundamentáis ou sabios, os saberes aplicados dos expertos e os contraexpertos, os saberes ordinarios xurdidos das múltiples vivencias da cotidianidade. Un dos aportes maiores da ruptura epistemolóxica que, nos anos oitenta, significaron o novo paradigma do "retorno ao suxeito" nas ciencias humanas e sociais é precisamente a reabilitación dos saberes procedentes das experiencias vividas.
De agora en diante, este novo réxime de verdade repercute ineludíbelmente nas maneiras de achegarse á producción e a circulación das outras duas fontes de saberes. Así estano a entender, por exemplo, os novos movementos sociais para outra mundialización ao definirse como "movementos de educación popular" e ao buscar novas formas de alianzas sociais entre intelectuais e actores da sociedade civil organizada, formas inéditas de intercambios mútuos dos saberes en todas as suas variantes.
Á noción singular e unívoca de "coñecemento", prefiro a expresión alternativa "Sociedade dos saberes para todos e por todos" para designar o proxecto de sociedade equitativa, quitando proveito das novas tecnoloxias da información e da comunicación. Esta denominación ten polo menos o mérito de contrarrestar a tendencia lancinante que se observa nas esferas do poder chamado global ao retorno das concepcións difusionistas –de arriba abaixo- da producción e distribución do "coñecemento" nas estratexias das construcción dos macro-usos das novas tecnoloxías da información e da comunicación. A retórica da inovación dixital serve de coartada para remozar visións neo-imperiais e etno-céntricas da reestructuración da orde mundial. Por exemplo, cómo o gurú do management Peter Drucker, no seu libro "A sociedade postcapitalista", caracteriza a "Sociedade do Coñecemento" (Knowledge society): "O home instruído do mañá deberá contar con que viva nun mundo globalizado que será un mundo occidentalizado".
Falar na "Sociedade do Coñecemento" sen cair en mitoloxias sobre o poder redentor das tecnoloxias implica recoñecer que os sistemas de producción e circulación dos saberes atravesan unha crise profunda, estructural. Atestiguano as embestidas desreguladoras en contra da idea do servizo público nos sistemas de ensino e de investigación. Un bó índice sería o número de folgas que ocorreron baixo todas as latitudes para defendelo . Globalmente, pódese dicer que as innovacións tecnolóxicas voltaronse arma decisiva na guerra a que entregan os grandes grupos para a conquista dos mercados, dende aqueles de alta tecnoloxia até os da industria farmaceutica pasando polos dos organismos modificados.
O proceso de producción dos coñecementos está atrapado nunha dinámica que fixa unha escala de prioridades actuando en función do aumento da competitividade das empresas. A visión xerencial da sociedade naturalizou o achegamento acrítico dos focos de elaboración e transmisión dos saberes ao pragmatismo empresarial A apropiación pola valorización capitalista da materia gris e da creatividade con fins de integración é un dos retos maiores do proxecto ultraliberal de construcción da arquitectura reticular global. A nova tecno-utopia busca a alianza entre a "imaxinación" dos "intelectuais" e o "realismo" dos managers. Esta linguaxe maniquea deixa ver os prexuízos do antiintelectualismo do que se nutre.
Leccións da CMSI
A preparación do "Cumio Mundial da Sociedade da Información" (CMSI) serve como revelador dos contrastes entre proxectos de sociedade. Tanto as xuntanzas intergubernamentais ao nível de áreas rexionais (Bávaro, Bamako, Beirut, Bucarest, Tokio) como os tres prepcoms organizadas en Xenebra na sede de UIT onde a sociedade civil foi convidada a facer escoitar a sua voz. Mesmo, polo estatuto mesmo do sistema de Nacións Unidas, esta oferta non concerne á participación nas decisións, e non está exenta do risco de recuperación, a experiencia é rica en ensinos que trascenden a cuestión puntual da Sociedade da Información .
É un índice da procura de mecanismos segundo os cales os cidadáns tratan de organizarse prefigurando unha esfera pública transnacional, aínda embrionaria. É, en sí, un grande avance se lembramos a sua ausencia completa nas xuntanzas ou cumios do G-7 que cuñaron a noción de "Sociedade global da Información".
O primeiro lección reside nos protocolos acordados para esta participación. Un "buró da sociedade civil e das ONG" constituiuse para asegurar a relación co "buró das delegacións gubernamentais". O feito de que neste buró da sociedade civil estexan representadas unha vintena de "familias" ou tipos de organizacións (desde os think tanks, a comunidade científica e os movementos sociais até os mozos, os grupos definidos polo xénero, os minusválidos pasando polas aldeas indíxenas, as cidades e poderes locais, etc.) suxiren a dificuldade de circunscribir as nocións de "sociedade civil" e "organización non gubernamental" que rexen nas institucións internacionais.
Polo demáis, os intereses comerciais tamén están presentes a través dos observadores enviados por empresas transnacionais chamadas a desempeñar un papel chave na realización da Sociedade da Información e que o sistema de Nacións Unidas cortexa dende a entrada na era da des-regulación, intre en que aproveitou para desmantelar o Centro sobre as sociedades transnacionais que dotara dunha función crítica nos anos setenta, anos nos que se pensaba en termos de regulación posíbel. A confusión, non a ambigüidade, que é susceptíbel de aqueixar o manexo do complexo taboleiro de representantes e intereses na preparación do Cumio non tardou en saltar á vista cando os organizadores propuxéronse alinear unha tras outra as diversas proposicións feitas por cada sector sen distinguir nin xerarquizalas!
A segunda lección, máis previsibel se cadra, está nas posturas de presenza . Por un lado, o discurso sobre a flexibilidade e o espíritu competitivo da empresa, a necesidade de reducir a función da política estatal á de crear o entorno máis favorabel aos investimentos grazas a ixeccións fiscais e a supresión das barreiras reglamentarias. Este economicismo acomódase moi ben coa visión pragmática e tecnicista da comunicación inherente á institución anfitriona, a UIT, órgano técnico do sistema da Nazóns Unidas.
Por outro lado, unha filosofia anclada no desenvolvemento sustábel e o dereito á comunicación que se declina a través dos dereitos humanos, a memoria das experiencias participativas das tecnoloxías anteriores (moi especialmente, a radio), a transparencia, a alfabetización, a educación e a investigación, a diversidade cultural e lingüística, o uso do software libre, a diminución dos custes de conexión, a participación efectiva no goberno por Internet e a todas as instancias onde se xoga a regulación internacional do ciberespazo (OMC; Organización Mundial da Propriedade Intelectual, OMPI, ou o ICANN). Á reivindicación da seguridade do dereito á comunicación para o cidadán oponse a obsesión do imperativo da seguridade das redes globais ameazadas polo terrorismo. En filigrana desta vertente menos publicitada da "Sociedade da Información" están lexislacións adoptadas a raiz dos atentados do 11de setembro do 2001 e os proxectos de cruzamento do conxunto dos bancos de dados e outros xacementos de informacións sobre os cidadáns (seguridade social, cartón de crédito, contas bancarias, perfiles xudiciais, dados sobre viaxes aéreos, etc.).
Tercero tipo de leccións: a preparación do Cumio acelerou a diseminación administrativa da noción de Sociedade da Información, sen por iso erguer a confusión que a afecta. Hai gobernos que se amoldan sobre o discurso convido e confian no determinismo técnico para perpetuar unha nova versión das estratexias de "modernización".
En efecto, para botar as bases dunha estratexia equitativa na materia, hai polo menos que acatar as lóxicas regresivas de concentración dos ingresos que van á par coa concentración dos usos das tecnoloxías. Como observan os investigadores argentinos Martín Vitela e Guillermo Mastrini, a carencia dunha tradición de servizo público e de intervención das autoridades públicas na xestión das actividades de información e de comunicación non preparan a un aproveitamento beneficioso do "salto informativo".
A incorporación na axenda política do tema das novas tecnoloxías convirtese, entón, polo menos nos sectores reformadores, na ocasión para iniciar un debate de fondo sobre a técnica, a sociedade, as desigualdades e as liberdades individuais, e cataliza a reflexión sobre a incompatibilidade do modelo de desenvolvemento inscrito nos dogmas ultraliberais co escenario dunha "sociedade dos saberes por todos e para todos".
Unha última lección que tráio a colación é a que se viu emercer das conferencias continentais. Un primeiro exemplo é a conferencia asiática de Tokio, que se realizou a principios de 2003 e que mostrou a fenda que separa a posición de Japón, adepto da doctrina estadounidense do free flow of information a ultranza, e un bloque composto por China, Índia, Indonesia, Irán, Malasia e Pakistán.
O segundo procede das xuntanzas dos paises latinoamericanos, entre outras a de Bávaro, en República Dominicana, que se desenvolveu na mesma época. Voltaron á superficie as reivindicacións do "dereito á comunicación" apoiadas nos anos setenta polo movemento dos paises non alineados, a favor dunha nova orde mundial da información e da comunicación, pero que a liberalización e a privatización salvaxe da economía e das redes, alonxara da escena internacional nos dous últimos decenios. Só a lenda negra tecida o redor dese período cuxa influéncia paraliza a posibilidade dun inventario crítico do pasado e das suas contradiccións, impide que se aprecie no seu xusto valor este momento pioneiro e orixinal da construcción da longa memoria das loitas para a democratización da comunicación.
Na axenda do movemento social
Apoiándose na loxística das novas redes da militancia e os Foros sociais mundiais, continentais ou nacionais, o movemento da altermundialización foi progresivamente incorporado a controversia sobre o rumbo tecno-informacional no debate sobre as razóns estructurais das disparidades socioeconómicas.
A experiencia do Foro Social Mundial de Porto Alegre é moi instrutiva ao respecto. Nos dous primeiros encontros (2001 e 2002), a problemática da comunicación e das suas tecnoloxías foi tratada en forma dispersa e sen posicionamento explicito do movimento social. En cambio, na terceira edición do evento en 2003, os medios, a información, a cultura, a diversidade, as novas formas da hexemonia e as opcións á mercantilización constituiron un dos cinco eixos principais o redor dos cales se estructuraron as mesas redondas do Foro.
Á iniciativa de Le Monde Diplomatique, lanzóuse o Observatorio Internacional dos Medios (Media Watch Global). O seu obxectivo: "emprender todo tipo de acción con vistas a promover e garantir o dereito á información dos cidadáns en todos os paises". Dito Observatorio está destinado a desmultiplicarse a través de Observatorios Nacionais compostos a igual proporción de xornalistas, investigadores e usuarios. Premonitorio, este proxecto de "perennización", de estabelecemento permanente, dun lugar propicio á crítica constructiva nun dominio cada vez máis estratéxico está en empatía co salto de conciencia das opinións públicas que se puderon observar durante a crise iraquí a través das protestas en contra das estratexias manipuladoras do campo da guerra e nas manifestacións multitudinarias de febreiro e marzo de 2003 a favor da paz.
A lexitimidade novamente conquistada do envite comunicacional significa un avance importante no pensamento do movemento social. Durante longo tempo, en efecto, o achegamento instrumental aos medios, as redes e a cultura dificultou a formalización dunha reflexión de conxunto sobre o seu papel nas estratexias de cambio social. De máis está dicer que o recoñecemento recente do carácter central da problemática dos modelos de implantación social e de operación das tecnoloxías de comunicación e de información dista moito de ser o feito da maioria dos compoñentes dos movementos, aínda que todos manexan con destreza as novas ferramentas dixitais.
Esta lexitimación débese moito ao traballo pioneiro de redes sociais comprometidas desde fai varios anos no sector, como a Axencia Latinoamericana de Información (ALAI), a World Association For Christian Communication (WACC), a Asociación Mundial das Radios Comunitarias (AMARC), ou a axencia Inter Press Service, fundada en Roma nos anos setenta, que vincula horizontal e directamente aos paises do terceiro mundo, nunha perspectiva de descolonización da información.
Todas esas redes sociais fan escoitar a sua voz nos lugares onde se debuxa a arquitectura da Sociedade da Información. Lonxe de deixarse abusar polos discursos convidos sobre a fenda dixital, estas redes aceptaron a convidación da UNESCO e da UIT a participar na xuntanzas preparatorias do Cumio Mundial, sen deixar de organizar os seus próprios seminarios e lanzando en novembro de 2001 a Campaña "Dereitos de Comunicación na Sociedade da Información" (CRIS). Todas estas iniciativas e demandas son unhas das múltiples expresións da nova filosofia da acción colectiva sobre a xestión dos bens comúns da humanidade (a cultura pero tamén a educación, a saúde, o medio ambiente e o recurso "auga") segundo a cal o servizo público, a excepción e a diversidade cultural deben prevalecer sobre os mecanismos do mercado.
Son precisamente estes principios democráticos os que no novo ciclo de negociacións sobre os "servizos" no marco da OMC non deixaron de incordiar. É unha proba máis de que non hai que esquecer que o destino da cultura e da chamada "sociedade do coñecemento" xógase en múltiples lugares das institucións internacionais. Un tren pode ocultar outro tren.
* Armand Mattelart, comunicólogo belga, é docente da Universidade de Paris VIII e autor de numerosos libros.
Publicado en América Latina en Movimento, Non. 385-386, edición especial, Foro Social das Américas, ALAI, 20 xullo 2004
Tuesday, February 15, 2005
INNOVACIÓN, LIBERDADE E PODER NA ERA DA INFORMACIÓN.
Guión da presentación de Manuel Castells no Foro Social Mundial,
Porto Alegre, 29 xaneiro 2005
1.A era da información é a nosa era. É un período histórico caracterizado por unha revolución tecnolóxica centrada nas tecnoloxías dixitais de información e comunicación, concomitante, pero non causante, coa emerxéncia dunha estrutura social en rede, en tódolos eidos da actividade humana, e coa interdependencia global de dita actividade. É un proceso de transformación multidimensional que é á vez incluinte e excluinte en función dos valores e intereses dominantes en cada proceso, en cada país e en cada organización social.
2.Como todo proceso de transformación histórica, a era da información non determina un curso unico da história humana. As suas consecuencias, as súas caracteristicas dependen do poder do que se benefician en cada unha das multiples opcións que se presentan á vontade humana. Pero a ideoloxía tecnocrática futurolóxica trata de presentar a revolución tecnolóxica como dictando unha única forma de organización social posíbel, xeneralmente asociada á lei do mercado e ao proceso de globalización. Deste xeito, a aceptación do extraordinario carácter da revolución tecnolóxica en curso conllevaría a aceptación, no esencial, da proposta segundo a cal a ciencia e a tecnoloxía, utilizadas racionalmente, irá solucionando os principais problemas da humanidade. Aínda recoñecendo obstáculos no proceso de difusión e desenvolvemento, a crítica aos usos da tecnoloxía identificanse á resisténcia oscurantista ao cambio social. A ideoloxía da bondade tecnolóxica e a ideoloxía dunha globalización fundamentalmente orientada pola lei do mercado reforzanse a unha á outra. En ambos casos, desaparece a sociedade como proceso autónomo de decisión en función dos intereses e valores dos seus membros, sometidos ás forzas externas do mercado e a tecnoloxía.
3. E porén, a observación empirica, os resultados da investigación, dos meus proprios traballos e de outros moitos, amosan o carácter contradictorio do proceso de globalización e a diversidade das traxectorias tecnolóxicas e dos seus efectos. Así:
En medio dunha das revolucións tecnolóxicas máis extraodinarias da historia, a disparidade de coñecemento e capacidade cientifica concéntrase cada vez máis en termos relativos, por paises, por clases, por institucións e por organizacións. E os efectos de dita revolución sobre a calidade de vida son apropiados fundamentalmente polas grandes corporacións e os seus circuitos de distribución. O control irrestricto dos direitos de propriedade intelectual convértese no mecanismo fundamental do control da riqueza.
O intre de eclosion das tecnoloxías de liberdade, en particular de Internet, pero tamén do conxunto de tecnoloxías informáticas de rede, de telecomunicación de banda ancha, comunicación mobil e de computación distribuída, é tambien, co prextexto de terrorismo e pornografia, o momento da obsesion pola seguridade, do control dos estados sobre as comunicacións, da ameaza á liberdade de expresion, dentro e fora de Internet, da vixiláncia electrónica ubicua e a invasión sistematica da privacidade por parte de empresas comerciais e axencias de goberno.
O momento da inovación e a creatividade como fontes de cambio tecnolóxico, enriquecemento cultural e calidade de vida, é tamén o momento no que moitas corporacións coartan a inovación para desfrutar de rendas de monopolio e no que a xustiza persegue aos mozos que tentan pór música ás súas vidas aínda que non sexan mercado para os explotadores de artistas.
Nunha palabra, unha vez máis na historia, a innovación tecnolóxica, a investigación cientifica, a creatividade cultural son apropiadas, manipuladas, coartadas, polos intereses e poderes que se inducen entre os productos de dita creatividade e as persoas da sociedade de onde xurde. A expropiación do traballo esténdese á expropiación das mentes. Sendo así, que unha boa parte, en realidade a esencial, das fontes de inovación e de creación, non xurdiron da inversion das corporacións ou das instruccións das burocracias, se non do impulso creador e xenerosidade persoal dos inovadores. Un breve recordatorio de algúns procesos de innovación tecnolóxica e cultural permite reflexionar en concreto sobre o debate que estamos plantexando.
4.Internet, tecnoloxía de liberdade, producida libremente, a partir dos seus próprios usuários.
Como é sabido, Internet desenvolveuse a partires dun programa cientifico de investigación que, aínda que foi financiado polo departemento de defensa americano, non tiña obxectivos militares e, en realidade, non tiña mas obxectivos que os que lle foron dando os seus próprios investigadores e primeiros usuarios. Os protocolos TCP/Ip, desenvolvidos por Cerf e Kahn en 1973-75, foron postos no dominio público e completados e adaptados de forma libre. As principais aplicacións de Internet que hoxe empregamos, dende correo electrónico ás listas de distribución e os billboards, foron creados e comunicados por usuarios que os compartiron libremente co conxunto da comunidade internauta. O world wide web foi desenvolvido e distribuído gratuitamente por Tim Berners-Le fora do seu tempo de traballo. Foron os hackers, xeralmente universitarios, quenes desenvolveron Internet como rede de comunicación informatica global. E foi a comunidade internauta a que se autoxestionou, de xeitos diversos, ao longo do tempo, dende 1969, primeiro desplegue de Internet, até a constitución de ICANN en 2000. Non fixo falta nen dereito de propriedade nen control burocratico para desenvolver a rede de comunicación máis potente da historia. En realidade, foi a non existéncia deses controles a que o fixo posíbel.
A arquitectura de Internet foi deseñada para facer dificil o seu control, aínda que non a vixilancia da mensaxe. E por iso, Internet, aínda sufrindo cada vez máis interferencias á libre comunicación, é o medio de comunicación local-global máis libre que existe, permitindo desintermediar os medios de comunicación masivos.
E a pesar dos continuos intentos de comercializar Internet, se ben se converteu nun instrumento esencial para a actividade económica, a gran masa de fluxos de información en Internet son de uso social e persoal, non comercial. Internet é fundamentalmente un espazo social, cada vez máis extendido e diversificado a partir das tecnoloxías de acceso móbil a Internet. Por iso a preservación da liberdade de expresion e comunicación en Internet é a principal cuestión na liberdade de expresión no noso mundo.
5.Software libre e código aberto.
O software informático é a linguaxe da era da información. A capacidade de producir, modificar, adaptar e distribuir software condiciona a capacidade de calquera comunidade ou grupo, grande ou pequeno, para interactuar co mundo de computadoras e redes que constituen a estrutura (e non só a infra-estrutura) da nosa sociedade. O control tecnolóxico privado do software é equivalente á propiación privada do alfabeto nas orixes da historia (e de feito, apropiárono os escrebas e sacerdotes que, según descubrementos arqueolóxicos recentes realizados polos Marines en Irak, xa dispúñan dunha licenza de Microsoft).
Óbviamente, o acceso ao código fonte condiciona a capacidade tanto de adaptación a usos, como, sobre todo, á mellora continuada do software, ou sexa, en ultimo termo, á inovación e ao proceso recorrente de inovación.
Sabemos que, así como Internet, desenvolveuse en liberdade, o mundo do software evolucionou, por un lado, mediante liñas proprias e incompatíbeis de cada sector de usuarios; por outro lado, mediante o monopolio crecente de Microsoft, con consecuencias decisivas, tanto na apropiación de rendas monopolistas e encarecemento dos seus productos, como na pobreza tecnolóxica, derivadas da eliminación sistematica de competidores.
Sabemos tamén do troco de tendencia a partir das derivacións de UNIX, tanto no MIT, a traves do AI Lab e os heoricos esforzos de Stallman e o seu lanzamento de GNU e a licenza GPL, como da historia de BSD a traves da tempestuosa relación entre Berkeley e Bell Labs. E coñecemos a extraordinaria saga de Linux, desde que Linus Torvalds decidise, en 1991, para desenvolver o kernel do código fonte do sistema operativo que precisaba para empregar UNIX no seu PC 386, acudir á rede cooperativa de voluntários traballando sobre o código fonte en sistema de código aberto. Sabemos hoxe que Linux é un sistema operativo máis robusto que Windows e con moita maior capacidade evolutiva. Como sabemos que Apache, programa de software de servidor, tamén producido en código aberto por unha comunidade libre de voluntarios autoxestionado por medio dunha constitución propria, opera máis de dous tercios dos servidores da worldwideweb. E é coñecemento publico a existencia crecente de programas de software, en todos os ámbitos, que foron producidos libremente, sen dereito de propriedade intelectual, sen traballo pago e sen estrutura de poder imposta. Hoxe día, o recoñecido éxito de Linux levou a grandes corporacións como Ibm e Oracle, así como a numerosos gobernos en todo o mundo a utilizar Linux e outros programas de código aberto. E a producir formas simplificadas do mesmo para usos sociais, como o caso de Linex en Extremadura. E, sobre todo, a adoptar o sistema cooperativo de libre asociación de produtores e usuarios no proceso de inovación tecnolóxica. Todo iso, sen que necesariamente se perda o caracter capitalista destas empresas ou os obxectivos proprios de cada goberno (o goberno chino pode favorecer a Linux e ao mesmo tempo censurar Internet). Non se trata de opoñer o mundo anarquista do código aberto ao mundo capitalista de Microsoft. Aínda que duvido que haxa moitos anarquistas en Microsoft (salvo disecados na secretaria de Bill Gates) hai moitos capitalistas no mundo do código aberto. Pero non tódolos capitalistas son iguais ou mesmo non todos os capitalismos son iguais: hainos que, ademáis de supeditar a sociedade ao mercado, máis que capitalistas son rendistas, é dicer bloquean a innovación. E hainos que entenden que todo o mundo, mesmo eles, gañan máis, se hai máis innovación tecnolóxica e, en último termo, máis reparto da riqueza.
En suma, a historia do software libre, e máis ampliamente, a do movemento de código aberto, amosa que pode haber máis innovación tecnolóxica e máis produtividade económica nun contexto de traballo cooperativo e motivado, característico do mundo da creación. E isto é aínda máis así se á produtividade económica engadimos a utilidade social, que requere unha interacción estreita entre os innovadores tecnolóxicos e os usuarios da tecnoloxía. Plantexase pois en moitos medios a ampliación do método cooperativo de creación caracteristico do código aberto, a outros eidos da producción e a xestión da sociedade, dende as empresas autoxestionadas aos servizos públicos feitos máis eficaces mediante o feedback contínuo entre proveedores de servizos e usuarios, por exemplo na educación ou na saúde.
Agora ben, entre a promesa da innovación cooperativa e a capacidade da sociedade para desfrutar do fruto de dita cooperación, álzase unha concepción rendista e autista do direito de propriedade intelectual.
6. A propriedade é un roubo (en certas circunstancias).
Xa o dixo Proudhon. Pero como el xa precisou, aínda que non o quixesen entender, non era toda a propriedade, senón a propriedade que exclúe aos non proprietários do proceso de desenvolvemento e enriquecemento da sociedade e de cada un dos seus membros. Á propriedade que destrúe unha propriedade superior, a propriedade conxunta da libre asociación de produtores. Non moi distinto da licenza GPL.
Un tratamento indebido do dereito de propriedade intelectual é un obstaculo decisivo ao progreso material e á calidade de vida na era da información. Lembremos que en 1970 ATT pudo ter posuído Arpanet. E que Microsoft non se deu conta da importancia de Internet ata que Netscape lanzou Navigator en decembro de 1994, e entón tivo que mercar Spyglass e transformá-lo no browser Internet Explorer. Imaxinemos un mundo de Internet con tecnoloxía proprietaria de ATT e Microsoft. Internet como o coñecemos non existiria. Con todo o que iso significa. Por iso a tecnoloxía non determina a historia, senón a historia a tecnoloxía. Pero como, grazas á estupidez de ATT e Microsfot, Internet existe e é ainda libre en gran medida, a capacidade de comunicación que permite pon en cuestión as formas restritivas de propriedade intelectual, promovendo a circulación da creación, da innovación, das ideas, en todo o mundo. Desintermediando intermediarios comerciais, pero tamén abrindo o abanico de posibilidades de creación e de utilización recorrente da creación. Non eliminando o capitalismo, pero si ampliando a gama de valores de uso posíbeis sen connotación comercial. E mantendo formas de ganancia e de negocio, pero mediante novos modelos de negocio baseados no incremento de produtividade e a ampliación de mercado, máis que no control monopolistico dun mercado excluínte limitador da actividade non mercantilizada.
Larry Lessig propuxo unha utilísima tipoloxía das propriedades que protexen dereitos e daquelas que son parasitarias (un roubo social, na miña terminoloxía). E tamén puxo en prática as suas formas alternativas de dereito de propriedade adaptadas á nova función social da propriedade no noso contexto tecnolóxico, mediante o impulso do proxecto Creative Commons, no que Brasil ocupa un lugar destacado. Por tanto, o camiño está sinalado, non hai nada máis que inventar, salvo aplicar aquí tamén o método de experimentación e código aberto e ir codificando a prática mediante novas formas de auto-regulación do respecto ao traballo dos demáis, pero non ás rendas de situación que non se lexitiman con nova creación.
Máis aínda, a propriedade intelectual restritiva nun mundo en que a ciencia e a tecnoloxía son as forzas produtivas esenciais, é o principal obstaculo para o desenvolvemento dos dous tercios da humanidade que viven na pobreza. E de aí a importancia do debate nos foros do comercio internacional. De modo que os pobres do mundo, os creadores e os inovadores, teñen un gran obxectivo común: a reforma dos dereitos de propriedade para que a creatividade poda ser fonte de riqueza e de valor de uso sen que se agote nos estreitos canáis da sua apropiación selectiva polos rendistas oligopólicos.
O cal, no fondo, é un problema político. E aquí tamén xoga a tecnoloxía.
7.Liberdade, Sociedade e tecnoloxía
A información é poder. A comunicación é contrapoder. E a capacidade de cambiar o fluxo de información a partir da capacidade autónoma de comunicación, reforzada mediante as tecnoloxías dixitais de comunicación, realza substancialmente a autonomía da sociedade en relación aos poderes estabelecidos. Se isto semella abstracto, Jose Maria Aznar sabe do que falo, a partir do 13 e 14 de marzo de 2004. O cal quere dicer que a reapropiación por parte da sociedade do fruto da sua creatividade conta agora con medios poderosos: Internet, redes globais de comunicación, acceso á información en código aberto, procesos de cooperación multiple, comunicación móbil, multimodal e ubicua. E todo iso ao servizo de intereses e valores que de debaten, modifican e deciden con autonomía crecente por parte dos actores sociais. Os creadores, os esmagados, os emprendedores, os que senten a vida, poden compartir os seus soños e as súas práticas. En outras palabras, converxen no mesmo movemento a tecnoloxía “cool”, a politica “cool” e a sociedade “cool”. E esa converxencia debe chegar á analise social e cultural, e á capacidade de integrar a comprensión da tecnoloxía nos debates políticos máis avanzados. Vai sendo hora, por exemplo, de que Brasil evolucione do positivismo de Auguste Comte á teoría da complexidade e escreba unha nova máxima na sua bandeira: caos e progreso.
Monday, February 14, 2005
Un ano de novo goberno na Generalitat de Catalunya: que mudou en materia de novas tecnoloxías?
14/02/2005, Jordi Mas e Hernàndez, jmasATsoftcatalaDOTorg
Neste país, os temas vencellados coa Sociedade da Información atopan pouco interese na clase política e na sociedade civil tradicional. Debe ser, tal e como Castells mantén, que a xente nacida antes do 1973 é da xeración pre-Internet e que aínda temos que agardar uns anos até que a xente que ten responsabilidades sexa consciente da importancia destes temas. O debate político no Principado ao comezo estivo moi centrado no Estatuto, a financiación, as grandes infraestruturas e a inmigración.
Dentro desta dinámica, cabe sinalar que os puntos vencellados con software libre, estandares abertos, e recursos lingüísticos libres foron incluídos en última hora no Pacto do Tinell por iniciativa persoal dunha deputada. Orixinalmente, os temas vencellados coa Sociedade da Información non se atopaban reflexados.
Se alguén pensou que co novo goberno habería un cambio transversal a curto ou medio prazo que afectara a toda Generalitat en materia de software libre e estandares abertos, estaba equivocado. O primeiro problema é o descoñecemento xeralizado por todo aquilo vencellado coas Tecnoloxias da Información dentro do proprio goberno. Dentro da Generalitat de Catalunya, o compromiso nestes temas está centrado na Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información. Trátase, pois, dun compromiso moi diferente ao existinte ao Brasil ou en Extremadura, onde o software libre, os estandares abertos, e o desenvolvemento da Sociedade do Coñecemento convertéronse en temas de país e desfrutan dun apoio transversal moi importante por parte dos seus respectivos gobernos, que entenderon a sua importancia.
Concursos públicos
A primeira medida do novo executivo, e a máis importante dende unha perspectiva económica, foi acabar coa falta de transparencia que había coa asignación dos concursos dos servizos informáticos da Generalitat de Catalunya. O Centro Informático da Generalitat, que era o responsábel de levar os servizos informáticos, foi privatizado polo anterior goberno e posteriormente mercado pola empresa T-Systems. Do antigo Centro Informático quedou un núcleo moi reducido cunha importancia e uns recursos máis ben anecdóticos. É estabeleceu unha forte dependéncia da Generalitat con T-Systems, que ate fai moi pouco, foi a responsábel de levar a informática da Generalitat en exclusividade.
O Informe da Avaliación da xestión da Generalitat de Catalunya[1], presentado o 29 de decembro pasado en referencia ao proxecto máis importante en novas tecnoloxias otorgado polo anterior goberno di que "a Administración Oberta de Catalunya (AOC) adxudicou de forma irregular á empresa T-Systems, que á sua vez subcontratou un 71% do investimento. O contrato de T-Systems foi unha forma de encargar parte destes proxectos ás empresas que se quería [refírese a Accenture] eludindo a tramitación dos correspondentes concursos e vulnerando de forma evidente os principios de publicidade e concorrencia".
O novo goberno actual dividiu o concurso en catro lotes: servizos de desenvolvemento de aplicacións (98.936.000 euros), servizos de análise e deseño técnico orientados a planificación (3.326.000 euros), e servizos de instalación TIC e Servizos de atención e xestión de instalacións TIC: 78.013.000 euros, sumando un total 180.275.000 euros (29.000 millóns das antigas pesetas). Todos aqueles que traballamos dende o voluntariado por unha Sociedade da Información mellor temos que darnos conta que estes concursos moven moitos cartos e que isto explica o interese crecente de sectores empresariais en temas vencellados co software libre.
A división do concurso en catro partes foi un gran avance na transparencia da asignación desta inxente cantidade de cartos. Desgrazadamente, as tecnoloxías libres e os estandares abertos tiveron un peso insignificante na avaliación de posíbeis empresas suministradoras, como fica reflectido nas cláusulas técnicas do concurso da Generalitat, a elaboración dos cales custou 1,2 millóns de euros. Por exemplo non se fai ningunha mención a requerementos de traballar en estandares abertos, só se outorgan 2 puntos sobre 40 por coñecer software libre, e simplesmente non se dá ningunha puntuación ao coñecemento de altenativas libres ás tecnoloxías .Net, Java, sistemas de bases dados, ou sistemas de xestión de contidos abertos.
Estandares abertos
No eido dos estandares abertos, remarquémolo, un punto recollido no Pacte do Tinell, non houbo nengún paso adiante significativo nin por millorar os problemas existintes, a maioria herdados do goberno anterior, nin á hora de crear os novos servizos. A estas alturas, o acceso libre e universal á información con calquera plataforma, tanto no sistema operativo como o navegador, tería que ser algo asumido por todo o mundo, e ineludíbelmente por aqueles que traballan no sector público.
Casos como a Administració Oberta de Catalunya, que continua sen funcionar con navegadores libres, Axencia Catalana da Auga, ou o servizo 3alacarta, que presentou a CCTRV, son exemplos da necesidade dun compromiso máis forte neste eido e a necesidade dunha coordinación moito mais efectiva entre os diferentes departamentos.
Software libre e Língua
Cando se fala de potenciar o software libre, fálase de facelo en duas áreas con repercusions moi diferentes: a sociedade como tal e a propria administración.
Nas tarefas de promoción do software libre na sociedade, o goberno actual cumpriu correctamente: axudou a organizar o encontro de desenvolvedores de Ubuntu en Mataró, investíronse máis dun millón de euros para a creación de contidos libres, fixéronse declaracións públicas en favor do software libre, creouse a plataforma LaFarga, e todo isto fixose tendo un tacto especial coa comunidade. Cabe dicer que isto non é difícil de conseguir e é atractivo para a administración porque require poucos cartos e tén un impacto mediático importante.
Na área máis importante, dende un punto de vista económico e de traballo a facer, os costes non foron tan ben. Esta área é a implantación do software libre na propria administración e é onde hai un compromiso coa sociedade a través do pacto do Tinell. Comezouse co conselleiro Carles Solà afirmando que "O goberno proxecta mudar tódolos programas de Microsoft por Linux" e acabamos co compromiso, uns meses despois, de facer unha proba piloto nunha Secretaria dunha consellería. Realmente, esta foi unha área onde moita xente se sentiu profundamente decepcionada, onde nos incluimos todos os voluntarios que traballamos ao redor de Softcatalà. Nin tan só se comezou a usar todo o software libre que xa existe en catalán dende de fai anos.
No eido do ensino primario e secundario houbo leria. A fase inicial de interese do Departamento de Ensino polos temas vencellados co software libre orixinou un Manifesto da Asociación de Mestres de informática de Catalunya. O manifesto é un repaso aos motivos filosóficos polos cales se defende o software libre como unha boa opción. A principios de outubro do 2004 o Departamento de Educación publicou unha páxina web con tódalas actuacións previstas en relación á implantación do software libre no sector de ensino primario e secundario. Durante os próximos meses se publican os pregos técnicos para proveer ó Departamento de Ensino dunha distribución Linux e os servizos asociados, formación e apoio entre outros, no que será o primeiro concurso público da Generalitat directamente vencellado con software libre e que será dun importe considerabel.
Por outro lado, foi decepcionante ver como, nas universidades do Principado, o compromiso pola língua, as novas tecnoloxias e o software libre aínda dependen de iniciativas persoais, moitas de elas con un gran coraxe, sen apoio institucional ou con un apoio que podamos considerar anecdótico. É continúan renovando licenzas de software proprietario e a presenza do software libre nas asignaturas de carreiras técnicas está claramente desfavorecida. A modo de exemplo, a unha universidade pequena como a Universitat de Lleida no ano 2003 o custe de licenzas de software foi de 107.185 euros[2]. De feito, esta é a única universidade que fixo unha aposta seria polo software libre e tén un compromiso dende o ano 2003, antes do actual goberno, por migrar completamente a software libre. Como é un proxecto que xa está en marcha, colleuno o DURSI como plan piloto do mundo universitario en implementación de software libre.
Por ser realistas, tería que haber un plan piloto de software libre por cada universidade, porque as necesidades de cada universidade son moi diferentes e a miudo son pouco receptivas a aquilo que ven de fora. Fai o pequeno exercizo de pasear por calquera universidade do país para ver o pouco apoio que ten o software libre no entorno universitario, e, aínda máis, o pouco apoio que ten a informática na nosa língua.
Neste último ano o tecido da comunidade catalana non medrou demasiado: por exemplo, non houbo nengunha iniciativa nova destacabel, pero aumentaron as iniciativas con un talante máis institucionalista: o Instituto polo Software libre impulsado polo Colexio Oficial de Enxeñería en Informática de Catalunya, a Asociación Catalana de Empresas polo Software Libre, ou o clúster pola inovación impulsado por T-Systems, todas elas algo desconectadas da comunidade, con un enfoque claramente empresarial ou ben simplesmente orientadas captar a atención ou os recursos do sector público.
Conclusións
Neste primeiro ano de novo goberno adiantouse claramente en temas vencellados con promoción da Sociedade da Información entre a cidadanía e na asignación transparente dos concursos públicos pero isto son pasos que podemos considerar moi pequenos ante o traballo que hai que facer.
En canto á implantación de tecnoloxías libres, tense que actuar coa mesma contundencia que se actua hoxe en dia con Internet: xa non concebimos unha administración desconectada da Rede. Tampouco podemos concebir unha administración que inicie calquer novo proxecto que non sexa con estandares abertos, e se non hai nengún impedimento técnico, con software libre. As excusas sobre dificutades da implantación ou migración comezan a esgotarse cando tras un ano non se presentou aínda nengunha análise sobre o software que faría falla migrar, a formación precisa, e os custes da mesma migración ou de implementacións de proyectos novos.
Cabe destacar que o uso do catalán nas novas tecnoloxias, incluindo o software, ás administracións e ás universidades é moi reducido, e que non podemos construir unha Sociedade da Información en Catalunya con línguas foraneas.
Se aspiramos que Catalunya teña un papel destacado en en materia de Sociedade do Coñecemento nos próximos anos, precísanse moitos máis esforzos e recursos. A Secretaria de Telecomunicacións e Sociedade da Información precisater un peso moito máis importante dentro da Generalitat, e estar vinculada directamente a Presidencia como o estivo nos seus inícios, posto que a sua acción ten que ser transversal a todo o goberno. É presiso facer moita pedagoxía para que os nosos gobernantes, e políticos, entendan a importancia da Sociedade do Coñecemento, impacte do marco xurídico no desenvolvemento da mesma, e da necesidade de construir unha sociedade competente nestas materias. E non somente cabe esforzase cara a cidadanía, se non tamén á propria administración.
É preciso deseñar un plan integral que aborde tódolos sectores do goberno e a sociedade en materia de Sociedade do Coñecemento e Sociedade da Información, actualmente non hai cabeza, darlle orzamento e prazos, e estabelecer métricas para poder medir o seu progreso. E sobre todo, que non pase como anteriormente, onde ningun plan estratégico de Sociedade da Información se compliu nen a un nível de mínimos.
Referencias
[1] O Periódico de Catalunya, 29/12/2004, páxina 20. Informe da avaliación da xestión da Generalitat de Catalunya
[2] Ver Guia de migración de software libre da Universitat de Lleida por ter mais detalle sobre os custes de licenzas.
Agradecementos: Xesus Corrius, Xavi Caballé, Xavi de Blas, Òscar del Pozo e Quico Llach.
Este documento é (c) 2005 Jordi Mas e Hernàndez. Permítese o seu uso e distribución en calquera medio sempre e cando non sexa modificado e se inclua esta nota.

Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

